OBRADOIROS PROGRAMA PROMEDEX  2018-2019

DO CONCELLO DE NARÓN

 

OBRADOIROS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA E EDUCACIÓN INFANTIL

Obradoiro de iniciación á lingua inglesa (EI + EP)

Obradoiro de  iniciación á lingua inglesa onde a o alumnado aprenderá a desenvolver conceptos en relación coa gramática, vocabulario e comprensión

lectora.

Temporalidade: 2 sesións de 1 H cada unha á semana 

 

Obradoiro de programación e robótica educativa (8-10 anos)

Obradoiro tecnolóxico que achegará o coñecemento da linguaxe de programación e o deseño semana de interfaces dunha maneira lúdica.

Temporalidade: 1 sesión de 1,5 H  á semana

 

 Obradoiro de coro infantil Peque Coro Solidarium (EP)

Obradoiro de técnica vocal e de comprensión e interpretación da música dunha maneira práctica.

Temporalidade: 1 sesión de 1 H  á semana

 

Reforzatic (EP)

Obradoiro de reforzo educativo a través do emprego das NTIC. Alumnado proposto polos departamentos de orientación. Temporalidade: 2 sesións de 1 H cada unha á semana

 

OBRADOIROS PARA ESO

 

Obradoiro de programación e robótica educativa (11-14anos)

Obradoiro tecnolóxico que achegará o coñecemento da linguaxe de programación e o deseño de interfaces dunha maneira lúdica.

Temporalidade: 1 sesión de 1,5 H  á semana

 

OBRADOIROS PARA ADULTOS

 

Escolas de familia: disciplina positiva e coaching  familiar

Espazo pedagóxico onde se expoñen as principais problemáticas e dificultades que as familias atopan no seu papel educativo, para atopar as solucións

Máis axeitadas. Algunhas temáticas a tratar: a familia como medio educativo; disciplina positiva; coaching familiar; control do estrés ;os medos e traumas infantís; prevención de drogas e condutas aditivas;  o acoso escolar, a negociación adolescente, etc.

Temporalidade: 1 sesión de 2H á semana

 

CUSTO

8,15 /mes  agás reforzatic, que será de balde, e as escolas de familia, nas que aboará a taxa un único membro da familia.

 

LUGAR E PRAZO DE MATRÍCULA

No rexistro de entrada do Concello dende o 17 de setembro de 2018 ata esgotar prazas

 

 

AS PRAZAS CONCEDERANSE POR ORDE DE ENTREGA DA  FOLLA DE INSCRIPCION NO REXISTRO DO CONCELLO DE NARÓN

Descarga
PROMEDEX 2018/19
PROM
PROMEDEX folleto 2018-19.pdf
Documento Adobe Acrobat 348.9 KB
Descarga
FORMULARIO INSCRIPCION PROMEDEX 2018
S-SOC-04_Actividades_Extraescolares_PROM
Documento Adobe Acrobat 331.5 KB
Descarga
FORMULARIO DOMICILIACION BANCARIA
Domiciliación.pdf
Documento Adobe Acrobat 333.3 KB