INSCRICIÓN SERVIZO MADRUGADORES/AS E ALMORZOS. PERÍODO: DE SETEMBRO A DECEMBRO 2024

Dado que desde o Concello de Narón houbo un pronunciamento respecto diso da xestión do servizo de madrugadores e almorzos para o período de setembro a decembro de 2024, temos que informarvos que dita xestión efectuarase por parte do ANPA (igual que ata o curso pasado). Nestes momentos se esta desenvolvendo unha licitación para adxudicar o servizo para partir do 7 de xaneiro, polo que o ANPA asumirá de forma transitoria a xestión de SETEMBRO a DECEMBRO de 2024.

 

É por iso que, a partir deste intre imos iniciar o proceso coa inscrición das alumnas e alumnos, coa ligazón que a continuación se mostra:

 

https://forms.gle/pHD13nGjTgbwxMTT6

 

A data límite para cumprimentar o formulario será o 15 de agosto ás 23.59 horas.

 

Para calquera consulta ou dúbida enviádenos un Telegram, Whatsapp ou email.

 

Gozade do que resta de verán.

 

En Narón, ao 23 de xullo de 2024


NORMAS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO

1. O servizo de madrugadores prestarase diariamente todos os días lectivos do curso  de 7:30 a 9:00

 

2. A entrada será de 7:30 a 8:15 non se poderá entrar no comedor despois desa hora

 

3. Para facer uso do servizo ou cancelar a asistencia haberá que avisar  polo menos cunha semana de antelación

 

En Narón, ao 23 de xullo de 2024

 

A Xunta Directiva


SOLICITUDE AXUDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Ante a inacción das Administracións Públicas, as ANPA dos colexios públicos de Narón estamos a solicitar o maior apoio posible, para que no curso académico 2024/ 2025 o servizo de almorzos e madrugadores, xestióneo directamente o Concello de Narón. A continuación establécese un link cos argumentos, e o proceso de firma/apoio mediante a plataforma change.org:

 

https://www.change.org/p/salvemos-los-almuerzos-escolares-en-naron?source_location=psf_petitions


En Narón, ao 5 de marzo de 2024


A Xunta Directiva