A Xunta Directiva

En Narón, ao 28 de setembro de 2023


Actividades Extraescolares 2023 - 2024

 

Estimadas nais, pais e titores:

 

Coa finalidade de analizar o volume de alumnos existentes en cada unha das actividades, para poder organizar coa empresa concesionaria os recursos necesarios, as nais ou pais ou titores legais, deberán de cumprimentar o formulario que se detalla a continuación.

 

Os datos serán recompilados o día 25 de setembro ás 23.59 horas, polo que a partir dese momento, o formulario quedará pechado e non se poderán introducir datos (fin do prazo).

 

A orde de preferencia nas actividades extraescolares, levará a cabo en función da data e hora que consten no rexistro do FORMULARIO.

 

A priori, o custo das actividades perfílase na liña do curso 2022 - 2023, con todo, unha vez observemos a cantidade de usuarias e usuarios existentes en cada unha das actividades, quizais exista a posibilidade de efectuar unha mellora dos prezos por actividade, con respecto ao curso anterior.

 

É por iso que, o día 27 de setembro, procederase a publicar nesta mesma páxina web, os prezos definitivos para cada unha das actividades.

 

Da igual forma, e como vén sendo habitual, infórmase que as socias e socios do ANPA O Buxato, contarán con tarifas reducidas. É por iso que, animamos a adherirse ao ANPA a todas as nais e pais, para poder gozar do desconto correspondente.

 

A Xunta Directiva

ANPA O Buxato CPI do Feal

 

FORMULARIO: https://forms.gle/8ELdEoKaMgPn6rrc6

(copia a url anterior, e pégaa no teu navegador)

 

Descarga
FOLLETO INFORMATIVO. PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2023 - 2024
PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA
Documento Adobe Acrobat 113.9 KB